30 ene 2013

Outra de "O mundo é grande"

Aquí vos deixo outro vídeo da canción de Mamá Cabra "O mundo é grande". Como ten a letra podedela aprender para cantala cando volvades ao cole. Fonte: http://historiasaula.blogspot.com.es/

24 ene 2013

Cantamos?

Como xa temos falado na clase, pronto imos celebrar o "Día da paz e non violencia". De momento aquí vos deixo algunhas cancións relacionadas coa paz.

Jessica Stockholder

O xoves 24 de xaneiro, fomos á Fundación Barrié a visitar a exposición de Jessica Stockholder. Neste enlace podedes consultar información sobre a mesma: http://www.fundacionbarrie.org/gl/actividades/exposicions/exposicions-temporais/491 Despois participamos nun taller onde fixemos as nosas propias obras de arte, como podedes comprobar nas fotos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox

22 ene 2013

A paz é un dereito humano

Vídeo promocional a favor de la codificación internacional del derecho humano a la paz. Intervienen Juanes, Miguel Bosé, Alejandro Sanz, Eva Longoria, Paulina Rubio, Juan Luis Guerra, Amaia Montero, Daniel Martin, Pau Gasol y Rafa Nadal.

19 ene 2013

No MARCO

O 18 de xaneiro os dous grupos de 1º fomos ao museo MARCO, na rúa do Principe. No seguinte enlace podedes consultar a información que aporta o MARCO sobre esta exposición:
http://www.marcovigo.com/content/balea-negra-x-aniversario-do-marco
Ademáis podedes ver algunhas fotos de ese día.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a slideshow

16 ene 2013

O mundo é grande

O mundo é grande, como nos dí esta canción de "Mamá Cabra", e nel cabemos todos e todas. O video foi elaborado por Belén Junquera.
A que é moi chuli, o video, a canción e o que nos din os dous?

A paz

Achégase o día da paz, e no cole ímolo festexar ao grande, igual que en anos anteriores. Para irnos achegando, deixo aquí este video que nos conta algunhas cousas interesantes.