9 dic 2013

A nena e o grilo nun barquiño

Hoxe fomos ao Centro Cultural García Barbón e disfrutamos co espectáculo musical "A nena e o grilo nun barquiño". Aquí deixo unha das cancións que escoitamos:

29 nov 2013

Rafael Alberti

Estes días, como xa sabedes, estivemos aprendendo algunhas cousas de Rafael Alberti, e aquí deixamos este traballo.
Gustouvos?

29 oct 2013

Do samaín ao magosto

E para repasar o que sabemos do samaín e do magosto podedes facer clic en calquera dos seguintes bloques. Tamén podedes escoitar algunha canción que xa coñecedes.

16 oct 2013

A dixestión

Esta é unha peli que seguro recoñecen os vosos pais e nais. Como nun conto vannos contando o proceso da dixestión. Por se vos apetece volver a vela, aquí queda...

15 oct 2013

O corpo humano e Os sentidos

Como todos sabedes estivemos estudando o corpo humano. Un dos nosos compañeiros, coa axuda de súa nai fixo dous traballos que nos gustaron moito. Aquí os deixamos por se os queredes volver a ver.


25 sept 2013

Repasamos o corpo humano?

Aquí tedes dous enlaces para estudar e repasar os ósos e os músculos do noso corpo:
        os ósos     e      os músculos

O NOSO CORPO

Aquí vai un lim sobre o corpo humano. Para repasar o que estamos estudando. Autor: Juan Fraga

Xa estamos en 2º

O 11 de setembro volvemos ao cole despois das vacacións e, XA ESTAMOS EN 2º. Temos moito que traballar, moito que aprender e tamén moito que disfrutar. Alá imooooooooossssssssssssssss.........

15 abr 2013

Actividades LIM: A paisaxe

Podedes repasar a paisaxe de interior e a paisaxe de costa facendo clic no seguinte enlace gracias a unha actividade publicada por la profe Nela Abella

5 feb 2013

Que é a PAZ?

E por fin celebramos o día da Paz. Pero antes traballamos o siginficado de esas tres letras. Aquí queda un pequeno resumo. A canción é de Mamá Cabra, pero podedes escoitar un pouquiño da nosa versión.

4 feb 2013

Achégase o Entroido

Achégase o Entroido, e para que xoguedes e aprendades algunhas cousiñas, aquí queda este lim feito por unha profe do CEIP Mestres Goldar.

30 ene 2013

Outra de "O mundo é grande"

Aquí vos deixo outro vídeo da canción de Mamá Cabra "O mundo é grande". Como ten a letra podedela aprender para cantala cando volvades ao cole. Fonte: http://historiasaula.blogspot.com.es/

24 ene 2013

Cantamos?

Como xa temos falado na clase, pronto imos celebrar o "Día da paz e non violencia". De momento aquí vos deixo algunhas cancións relacionadas coa paz.

Jessica Stockholder

O xoves 24 de xaneiro, fomos á Fundación Barrié a visitar a exposición de Jessica Stockholder. Neste enlace podedes consultar información sobre a mesma: http://www.fundacionbarrie.org/gl/actividades/exposicions/exposicions-temporais/491 Despois participamos nun taller onde fixemos as nosas propias obras de arte, como podedes comprobar nas fotos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox

22 ene 2013

A paz é un dereito humano

Vídeo promocional a favor de la codificación internacional del derecho humano a la paz. Intervienen Juanes, Miguel Bosé, Alejandro Sanz, Eva Longoria, Paulina Rubio, Juan Luis Guerra, Amaia Montero, Daniel Martin, Pau Gasol y Rafa Nadal.

19 ene 2013

No MARCO

O 18 de xaneiro os dous grupos de 1º fomos ao museo MARCO, na rúa do Principe. No seguinte enlace podedes consultar a información que aporta o MARCO sobre esta exposición:
http://www.marcovigo.com/content/balea-negra-x-aniversario-do-marco
Ademáis podedes ver algunhas fotos de ese día.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a slideshow

16 ene 2013

O mundo é grande

O mundo é grande, como nos dí esta canción de "Mamá Cabra", e nel cabemos todos e todas. O video foi elaborado por Belén Junquera.
A que é moi chuli, o video, a canción e o que nos din os dous?

A paz

Achégase o día da paz, e no cole ímolo festexar ao grande, igual que en anos anteriores. Para irnos achegando, deixo aquí este video que nos conta algunhas cousas interesantes.