27 nov 2012

A semana da música

Estes últimos días estivemos celebrando a semana da música, por iso nos visitaron alumnos e alumnas maiores para darnos un pequeniño concerto, tocaron violín, viola, saxo, flauta, e algúns máis.
Pero hoxe fomos algúns de nós os que demos o concerto cos instrumentos que fabricamos na casa (coa axuda das nosas familias, claro), mentres o resto bailaban ao ritmo da "música".


Os dereitos dos nenos e das nenas

Hai uns días conmemoramos o aniversario da declaración dos dereitos dos nenos e das nenas.Aquí vos deixo  unha canción que xa escoitamos na clase, e que fala dos dereitos dos nenos e das nenas.